===Por que é a seguranza cibernética un problema?===
Vostede ten escoitado noticias acerca de números de tarxeta de crédito roubados, a difusión de virus de correo electrónico. Incluso nalgún caso vostede foi a vítima. Uhna das mellores defensas é a comprensión dos riscos, o que significan algúns dos termos básicos e que se pode facer para protexerse contra eles.

===Qué é a seguranza cibernética?===
A día de hoxe semella que todo se basea nas computadoras e na Internet ─ a comunicación (correo electrónico, teléfonos móbiles), entretemento (cabo dixital, mp3), transporte (sistemas de motor de coche, a navegación dun avión), compras (tendas en liña, tarxetas de crédito), medicina (equipos, rexistros médicos), e a lista segue. Canto da súa vida diaria baséase en equipos informáticos? Canto da súa información persoal se almacena no seu propio computador ou nalgún outro sistema?

===Que podo facer?===
É nisto no que se basea a seguridade cibernética, que implica a protección de devandita información por medio de previr, detectar, e responder aos ataques.

Na Internet existen moitos riscos, algúns máis graves que outros, como son os virus que borran todo o sistema, alguén que intente acceder ao seu sistema, alguén que estea utilizando o seu computador para atacar a outros, o roubo de información de tarxetas de crédito, ..., polo que é moi importante concienciarse dos perigos que corren pola rede e tentar evitalos na medida do posible, pero lamentablemente non hai garantías ao 100% de que ata tomando precaucións non lle ocorra nada do dito anteriormente.

A primeira medida que recomendan desde [http://www.us-cert.gov/ US-CERT], é recoñecer os riscos e *familiarizarse con algúns dos términos asociados con eles, como son:
;Craquer, mal chamado tamén Haquer, atacante ou intruso :Que se aplican ás persoas que tratan de explotar as debilidades nos sistemas informáticos para o seu propio beneficio. Aínda que as súas intencións sexan ás veces motivadas únicamente pola curiosidade, como adoita ser o caso dos haquers.
;Código malicioso :O código malicioso, tamén coñecido como ''malware'', é unha categoría ampla que inclúe calquera código que podería utilizarse para atacar o seu equipo, e pode ter as seguintes características:
:*Que sexa necesario que faga algo antes de que se infecte o computador, por exemplo a apertura dun ficheiro anexo do correo electrónico ou ir a unha determinada páxina web.
:*Outros tipos de ''malware'' propáganse sen a intervención do usuario e polo xeral comezan debido á explotación dunha vulnerabilidade de software, e unha vez que a vítima foi infectada, o código malicioso tentará atopar e infectar outros. computadores. Este código tamén pode propagarse a través do correo electrónico, sitios web, ou de software baseados na rede.
:*Doutra banda, algúns programas afirman realizar algunha funcionalidade que logo non realizan, por exemplo, un programa que afirma que acelerará o seu equipo, pero que realmente pode estar enviando información confidencial a un intruso remoto.
;Vulnerabilidade :Na maioría dos casos, as vulnerabilidades son causadas por erros de programación no software e que adoitan aproveitar os atacantes para infectar o seu computador, polo que é importante aplicar as actualizacións ou ''parches'' que solucionan as vulnerabilidades coñecidas.

Traducido de: [http://www.us-cert.gov/cas/tips/ST04-001.html US-CERT, Equipo de emerxencia informática do goberno dos Estados Unidos ─ Cyber Security Tip ST04-001]

===Información dun correo con malware para usuarios de Facebook===
*[http://www.softzone.es/2010/03/19/facebook-password-reset-confirmation-confirmacion-de-reinicio-de-contrasena-de-facebook-cuidado-que-el-correo-contiene-un-virus/ Facebook Password Reset Confirmation (Confirmación de reinicio de contraseña de Facebook)]

===As redes sociais protagonizan o 2º informe de seguranza de [http://www.pandasecurity.com/spain/homeusers/security-info/pandalabs/ PandaLabs] de 2010===
Publicado o 12/08/2010 — [http://riesgosinternet.wordpress.com/2010/08/12/las-redes-sociales-protagonizan-el-2%C2%BA-informe-de-seguridad-de-pandalabs-de-2010/ pantallasamigas]

As redes sociais en Internet, con Facebook e Twitter á cabeza, son as protagonistas destacadas do [http://www.pandasecurity.com/img/enc/Informe_Trimestral_PandaLabs_T2_2010.pdf Informe de PandaLabs correspondente ao segundo trimestre de 2010], que foi publicado a comezos de xullo. Segundo indican na súa presentación:

:''Producíronse todo tipo de noticias arredor de Facebook, moitas delas provocadas pola propia rede social: desde un erro que deixaba acceder a información dos teus contactos, ata cambios na configuración da intimidade que provocaban que os nosos datos puideran quedar expostos sen o noso coñecemento.''

No informe a empresa de seguranza antivirus menciona a abundancia de webs que finxen ser Facebook para enganar aos usuarios e obter os seus datos de acceso (phishing), algo que tamén sucede con Twitter, que sufriu a difusión dunha mensaxe que simulaba proceder deles avisando de novas mensaxes sen ler en dita rede de ''microblogging''.

Segundo explican desde [http://www.pandasecurity.com/spain/homeusers/security-info/pandalabs/ PandaLabs], estas mensaxes poden levarnos a webs que pretenden roubarnos os datos de acceso, ou ben a webs publicitarios ou incluso tentan instalar ''malware'' no noso equipo.

:''Un dos consellos que sempre damos é que cando recibamos unha mensaxe dunha rede social, banco, etc. onde nos dicen que houbo un problema coa nosa conta e nos fornecen unha ligazón para solucionar el problema, non fagamos caso.''

Os trucos que tentan os ''phishers'' son diversos: avisannos de problemas co contrasinal, ou de novas mensaxes, ou que a conta vai ser bloqueada, etc... O ''spam'', o ''malware'' e o ''phishing'' son segundo dito informe 3 dos problemas principais que afectan hoxe en día ás exitosas redes sociais en liña.

:N de T. ''Correos recibidos por min con este tipo de contido. Salientar duas cousas, que NON teño conta en Facebook, e observar que agás o que pretende ser de eBay os outros dous foron enviados polo meu provedor de correo ao cartafol de spam.''

:[[Imagen:Pishing-BBVA.png|320px]]  [[Imagen:Pishing-eBay.png|320px]]
:[[Imagen:Mail-pseudo-facebook.gif]]


[http://www.pandasecurity.com/spain/homeusers/security-info/pandalabs/ PandaLabs] advirte do doado que é explotar aplicativos moi estendidos asociados ás redes sociais en liña, como os botóns de «Gustame» de Facebook. Aconsellan a solución radical de desactivar o ''Javascript'' nos navegadores e seren desconfiados, para estar protexidos frente a este tipo de vulnerabilidades.

Tamén avisan dun posible novo modo de explotar a característica de navegación por lapelas, enganando ao usuario que se non mira o URL da barra de navegación antes de introducir os seus datos, podería ser enganado por este novo método de ''phishing'' coñecido como ''tabnabbing''.

Finalmente, nas conclusións do informe, [http://www.pandasecurity.com/spain/homeusers/security-info/pandalabs/ PandaLabs] arremete contra Facebook ao asegurar que:

:'''''... é importante non tolerar que se se engade unha nova opción de compartir información, esta veña activada de xeito predeterminado. Un erro que Facebook xa cometeu demasiadas veces'''''.

<!-- Categoría: -->
[[Categoría:As redes sociais e a seguranza persoal ─ Teoría do risco]]

--[[Usuario:Miguelbf|miguelbf]] 09:07 15 ago 2010 (UTC)

